|
Comezo contando quen non somos.
Non somos unha Sociedade Anónima. Non somos un grupo de inversores que ven á terra como un modo máis de obter beneficio.
Somos unha empresa familiar, pero non sólo; neste proxecto participan os nosos amigos, os nosos veciños e esperamos nun futuro cercano, vos.
Non somos unha cooperativa, pero neste ano 2010, o noso primeiro ano no mercado, compramos uvas a 3 pequenos productores, que dende hai anos veñen cultivando as lexendarias uvas tintas do sur de Galicia e norte de Portugal. Gracias a eles e ó seu traballo este ano podemos disfrutar do primeiro As Furnias.
¿Por qué As Furnias?
Porque As Furnias é o nome dunha pequena finca situada na Ribeira do río Miño ó seu paso por Crecente, un pequeno concello do sur de Galicia, unha zona con larga historia vitivinícola e cun gran potencial que está empezando a ser recoñecido. Este 2010 plantáronse as primeiras vides neste Cru (que é como se denomina a unha zona cunhas características xeoclimáticas moi concretas) coas variedades Brencellao, Caiño Longo, Caiño da Terra, Sousón e Espadeiro, e que esperamos estén listas para vinificar a partir do 2015-2016.
Decidimos usar este nome para o noso viño dende a primeira colleita, ainda que as uvas non procedan deste Cru, xa que as variedades utilizadas son as mismas, así como a filosofía de elaboración: saber escoitar, deixar actuar ó tempo e reflexar ó ano e á terra no viño a través da uva.
As Furnias é a nosa maneira de ver o viño, así como a nosa maneira de camiñar na vida.
Esperamos coñecervos pronto.
Juan González Arjones
|